Entradas

Cotidiáfonos - Maracas

Imagen
Os cotidiáfonos son instrumentos musicais caseiros, é dicir, son obxectos cotiás que temos pola casa e transformamos en elementos con musicalidade. Para a elaboración destes instrumentos precisamos de creatividade, posto que, deberemos ir experimentando coa musicalidade de cada obxecto e engadirlle elementos que enriquezcan o seu son. Para os nenos e nenas da primeira etapa de Educación Infantil é preciso que os instrumentos se elaboren coa colaboración do adulto, para logo encontrar a través deles diferentes posibilidades de acción e musicalidade. Así mesmo, podemos elaborar tantos instrumentos como queiramos empregando sempre a creatividade e a imaxinación. Maracas ¿Que precisamos e como procedemos a elaboralo? Para elaborar maracas podemos empregar botellas de plástico, recipientes como envases de yogures, actimeles, zumes, natillas, etc. Unha vez elixamos o recipiente, o que temos que facer é buscar algún elemento para introducir no seu interior co obxectivo de que fa...

A traballar!

Imagen
O desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático evoluciona coa práctica en actividades (diarias ou programadas) de clasificación, simulación, explicación e relación. Hoxe amosámosche unha actividade coa que poden traballar habilidades motoras (finas e grosas), números, cores e formas xeométricas dun xeito moi sinxelo e divertido! Imaxe: Silvia Leal (2020) Materiais : - Unha caixa de cartón - Anacos de cartón para as figuras - Tesoiras e lapis (para facer as figuras e buratos) - Ceras ou acuarelas (para pintar as figuras e traballar as cores)

Artur e Clementina (Kalandraka)

Imagen
Boas tardes, familias! Aquí vos deixamos outro conto da editorial Kalandraka, un dos contos que esconde un dos valores sociais máis importantes a traballar coas crianzas. Esperamos que desfrutedes moito deste. Este álbum ilustrado chámase Artur e Clementina, está contado por Sandra Senra. Fonte: Kalandraka TV Ref: Turin, A., Bosnia, N. (2012). Artur e Clementina . Pontevedra: Kalandraka.

¿A qué sabe la luna? (Kalandraka)

Imagen
Kalandraka é unha das editoriais galegas con máis prestixio no campo da literatura infantil, debido ás súas iniciativas educativas como os contacontos, ás súas propostas literarias, á calidade dos seus álbums ilustrados, etc. Así mesmo, queremos compartir con vós unha serie de contos contados online desta mesma editorial, nos cales se tenta entreter e transmitir valores sociais importantes para os infantes. Comezamos cun conto que os nenos e nenas xa coñecen, pois coñecémolo este curso na escola, este chámase "¿A que sabe a lúa?" e é contado por Beatriz Campos. Fonte: Kalandraka TV Ref: Grejniec, M. (2007). ¿A qué sabe la luna?. Pontevedra: Kalandraka.

Amasando!

Imagen
Na primeira etapa de Educación Infantil, as crianzas teñen a necesidade de experimentar e descubrir novas sensacións a través da manipulación dos obxectos e da recollida de información a través dos sentidos. Debido a isto, é importante darlles as ferramentas adecuadas para que poidan experimentar de xeito autónomo a través de diferentes materiais ou elementos. A actividade que vos presentamos a continuación consiste na elaboración de masa caseira para que os nenos e nenas poidan moldeala e manipulala como se lles antolle. É importante que o cativo/a presencie o proceso de elaboración da masa, axudando ao adulto a engadir ingredientes e observando todo o proceso de creación da masa. Para elaborar a masa precisaremos soamente tres ingredientes básicos: fariña , auga quente e sal gordo . Unha vez conseguidos estes tres elementos procederemos a mesturalos da seguinte maneira:  1 . Botamos unha pouca fariña nun recipiente cóncavo (bol).   2 . Botamos auga quente no...

Cesta dos tesouros

Imagen
A cesta dos tesouros é unha proposta moi sinxela para levar a cabo cos máis cativos/as da casa, xa que apenas se precisa material específico e consiste en que os as crianzas manipulen e descubran novas sensacións a través do sistema cognitivo. Esta actividade parte da experimentación e do descubrimento a través da interacción coas características físicas dos elementos. Para a realización desta proposta precisamos un cesto con obxectos de uso cotiá e de diferentes características: obxectos de madeira, de pel, con son, de diversos tamaños, con diversas formas, naturais, etc. Unha vez reunimos os obxectos requeridos, os cativos/as poderán ir explorandoos un por un e manipulándoos ao seu antollo, clasificándoos segundo as súas características e investigando as súas posibilidades de acción. Para a continua realización desta actividade é preciso ir modificando e renovando os obxectos.

Xogo heurístico

Imagen
O  xogo heurístico  é unha actividade por medio da cal se estimula o descubrimento e a experimentación dos nenos e nenas durante a primeira etapa da infancia. Esta proposta consiste na interacción dos infantes con diferentes tipos de obxectos, formas e materiais de diversas características. Así mesmo, é moi importante que os infantes sexan os protagonistas do proceso de aprendixaxe e experimentación polo que o adulto debe limitarse a observar como a crianza manipula os diferentes elementos. Para a realización deste xogo precisaremos dun espazo que permita o movemento no espazo, apartando posibles obstáculos que impidan o desprazamento dos cativos/as e no cal haxa un clima agradable e tranquilo. Así mesmo, colocaremos tres ou catro recipientes cóncavos, sólidos e fáciles de manipular por todo o espazo dispoñible, nos cales se recolectarán os diferentes tipos de obxectos. Por outra banda, precisaremos bolsas de tea, unha por cada tipo de material que vaiamos a empregar durant...

Botellas sensoriais

Imagen
Trátase dunha actividade sensorial moi sinxela, que se pode facer con materiais reciclados e que podemos atopar na casa. Consiste en encher botellas con diferentes obxectos ou líquidos para estimular os sentidos dos cativos e, potenciar o seu desenvolvemento cognitivo.  Segundo a finalidade que lle queiran dar, podemos estar falando dunha actividade que ademais de entreter, ten un fundamento educativo moi importante xa que estaremos a traballar, entre outras cousas:  - O sentido visual, por medio de obxectos con diferentes formas, cores... - O sentido auditivo, a través dos diferentes sons que escoita cando axita as botellas.  - A motricidade grosa, mediante diferentes tipos de agarre das botellas. (Podemos ampliar a experiencia variando tamaños e pesos)  - A curiosidade, o desexo de explorar.. . -Ademais, os máis maiores poden aprender con esta actividade os números (contando os obxectos ou botellas), as cores, os tamaños, etc. Materiais: - Botellas...

Debuxo autónomo

Imagen
Boas tardes, familias! Hoxe queremos falarvos da importancia do debuxo autónomo no desenvolvemento integral dos infantes. Tanto é así que, mediante este proceso foméntase principalmente a creatividade e a imaxinación, trabállase a comunicación interpersoal, axuda a exteriorización de emocións e á expresión de sentimentos, etc. Na primeira etapa de Educación Infantil, os infantes atópanse na fase do garabateo, a cal supón un dos primeiros medios de expresión para eles. Nesta etapa, as crianzas realizan os trazos sen intención de representar algo real ou lóxico, sendo esta a base do seu desenvolvemento físico e psicolóxico. Así mesmo, é moi importante ofrecerlles diferentes materiais e formatos para que elaboren producións de xeito autónomo. Para os nenos e nenas, o debuxo é unha actividade completa e básica para o seu desenvolvemento, polo que é imprescindible darlles ferramentas e recursos para que poidan experimentar as diferentes posibilidades de acción que lles proporciona esta...

Recomendacións musicais

Imagen
A música é un aspecto artístico fundamental dentro do proceso ensino-aprendizaxe polo que debe ter moita iportancia na educación dos cativos e cativas. Así mesmo, ademáis de traballar aspectos que teñen que ver coa musicalidade tamén nos aporta aprendizaxes que teñen que ver con valores esenciais para a vida en sociedade, o desenvolvemento da expresión corporal, a creatividade, diferentes maneiras de comunicarse cos demais, adquisición de novas linguaxes, encontro con diversos sentimentos ou emocións e un longo etcétera. Aquí vos deixamos unha lista de cancións en galego moi recomendables para os nenos e nenas, as cales escoitamos durante o curso na escola. Como se pode apreciar a continuación, a maioría destas son da canle "Sonárbore" a cal podedes atopar na plataforma de Youtube. Ademais, todas elas pertencen aos álbums de María Fumaça, a cal ten unha gran cantidade de material para o alumnado da etapa de Educación Infantil. 1. Fun ao mercado -  (sonárbore) 2. A bruxa ...

Five little ducks

Ola, familias! As novas tecnoloxías están cada vez máis presentes nas nosas vidas e como non, na educación tamén nos ofrecen gran cantidade de recursos para a aprendizaxe dos máis cativos/as. Asemade, é importante facer un bo emprego destas, sen abusar da súa presenza na vida das crianzas. Na escola tentamos acercar este tipo de recursos aos nenos e nenas, dándolles un uso educativo e controlado. Así mesmo, deixámosvos a continuación un vídeo que os infantes xa coñecen moi ben, pois é con este co que íamos traballando os números nas clases de lingua extranxeira. No caso de contar con material e ter patiños pequenos de xoguete, podedes recrear a canción e a historia segundo aparece no vídeo, contando cos nenos/as o número de patiños. Fonte: Youtube LETRA: Five little ducks went out one day, Over the hills and far away. Mother duck said: "Quack, quack, quack, quack", but only four little ducks came back. Four little ducks went out one da...

TEA DE ARAÑA!

Imagen
A medida que os nenos/as crecen van adquirindo unha maior capacidade de agarrar obxectos. Utiliza algúns dos seus xoguetes ou cousas favoritas para que poda sacalos a través dunha tea de araña creada con cordas . Ao bebé encantarálle descubrir cómo consigue extraer os obxectos e volver a metelos polos buratos. Deste modo comenzará a traballar a coordinación ollo-man sabendo cal é o oco perfecto para sacar o que queira ter.

Cocorico

Boas, familias! Comezamos esta andaina educativa coa canción do noso pequeno Cocorico, a través da cal se reflexa a historia dun pitiño moi divertido que coñecemos na escola a principio de curso. Así mesmo, este álbum ilustrado é unha boa ferramenta para transmitir ás crianzas valores como a importancia de compartir. Por outra banda, a peza musical que mostra esta historia converteuse nunha rutina nas asembleas e a través dela traballamos o ritmo, a melodía e o tempo musical.   Agardamos que desfrutedes moito de Cocorico e a súa canción.   Fonte: Youtube Ref: Núñez, M. (2014).  Cocorico . Pontevedra: OQO

Día del libro!

"Cada lugar que hemos conocido en un libro es patrimonio de nuestra imaginación. Ficción o realidad, habitamos mundos que otros crearon o descubrieron. El viaje nunca termina, siempre hay otro destino a la vuelta de cada página" ¡Feliz día del libro!

Benvida!

Imagen
Facemos este blog con vídeos e actividades, para intentar poñer o noso graíño de area, e facer  máis amenos e divertidos estos días. Esperamos vervos pronto (: