Recomendacións musicais

A música é un aspecto artístico fundamental dentro do proceso ensino-aprendizaxe polo que debe ter moita iportancia na educación dos cativos e cativas. Así mesmo, ademáis de traballar aspectos que teñen que ver coa musicalidade tamén nos aporta aprendizaxes que teñen que ver con valores esenciais para a vida en sociedade, o desenvolvemento da expresión corporal, a creatividade, diferentes maneiras de comunicarse cos demais, adquisición de novas linguaxes, encontro con diversos sentimentos ou emocións e un longo etcétera.
Aquí vos deixamos unha lista de cancións en galego moi recomendables para os nenos e nenas, as cales escoitamos durante o curso na escola. Como se pode apreciar a continuación, a maioría destas son da canle "Sonárbore" a cal podedes atopar na plataforma de Youtube. Ademais, todas elas pertencen aos álbums de María Fumaça, a cal ten unha gran cantidade de material para o alumnado da etapa de Educación Infantil.

1. Fun ao mercado - (sonárbore)
2. A bruxa Maruxa - (sonárbore)
3. O galo canta - (sonárbore)
4. Os números - (sonárbore)
5. Eu son un artista - (Sonárbore)
6. Alegría - (sonárbore)
7. O abecedario - (sonárbore)
8. Lobo feroz - (editorial OQO)
9. Chocolata - (editorial OQO)
9. Xiqui Xoque Fiú Fiú - (María Fumaça)



Fonte: Youtube
Ref: Xiqui Xoque Fiú Fiú

Comentarios

Entradas populares de este blog

Five little ducks

Día del libro!

Cotidiáfonos - Maracas