Botellas sensoriais

Trátase dunha actividade sensorial moi sinxela, que se pode facer con materiais reciclados e que podemos atopar na casa.
Consiste en encher botellas con diferentes obxectos ou líquidos para estimular os sentidos dos cativos e, potenciar o seu desenvolvemento cognitivo.
 Segundo a finalidade que lle queiran dar, podemos estar falando dunha actividade que ademais de entreter, ten un fundamento educativo moi importante xa que estaremos a traballar, entre outras cousas:
 - O sentido visual, por medio de obxectos con diferentes formas, cores...
- O sentido auditivo, a través dos diferentes sons que escoita cando axita as botellas.
 - A motricidade grosa, mediante diferentes tipos de agarre das botellas. (Podemos ampliar a experiencia variando tamaños e pesos)
 - A curiosidade, o desexo de explorar..
. -Ademais, os máis maiores poden aprender con esta actividade os números (contando os obxectos ou botellas), as cores, os tamaños, etc.
Materiais:
- Botellas de plástico (tamaño e cantidade a escoller)
- Auga, colorante, pompóns, area, macarróns, etc (para engadir o interior das botellas, varia segundo a temática ou a finalidade da actividade)

  Importante: asegurar o peche da botella e realizar a actividade baixo vixiancia.

Imaxe extraida de Pinterest: Bosque de fantasías

Comentarios

Entradas populares de este blog

Five little ducks

Día del libro!

Cotidiáfonos - Maracas