Debuxo autónomo

Boas tardes, familias! Hoxe queremos falarvos da importancia do debuxo autónomo no desenvolvemento integral dos infantes. Tanto é así que, mediante este proceso foméntase principalmente a creatividade e a imaxinación, trabállase a comunicación interpersoal, axuda a exteriorización de emocións e á expresión de sentimentos, etc.
Na primeira etapa de Educación Infantil, os infantes atópanse na fase do garabateo, a cal supón un dos primeiros medios de expresión para eles. Nesta etapa, as crianzas realizan os trazos sen intención de representar algo real ou lóxico, sendo esta a base do seu desenvolvemento físico e psicolóxico. Así mesmo, é moi importante ofrecerlles diferentes materiais e formatos para que elaboren producións de xeito autónomo.
Para os nenos e nenas, o debuxo é unha actividade completa e básica para o seu desenvolvemento, polo que é imprescindible darlles ferramentas e recursos para que poidan experimentar as diferentes posibilidades de acción que lles proporciona esta proposta. Para isto, debemos facilitarlles diferentes materiais como témperas, ceras de cores ou outros útiles escritores, xeos elaborados con diferentes colorantes, etc., sempre adecuados á súa idade e con supervisión dun adulto. Por outra banda, tamén é importante ofrecerlles diferentes soportes como: folios, cartulina, cartón, madeira ou teas. Por último, é de gran interese facilitarlles diferentes posibilidades á hora de realizar os debuxos, empregando as mans, pinceis, esponxas, corchos, etc.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Five little ducks

Día del libro!

Cotidiáfonos - Maracas