Cocorico


Boas, familias! Comezamos esta andaina educativa coa canción do noso pequeno Cocorico, a través da cal se reflexa a historia dun pitiño moi divertido que coñecemos na escola a principio de curso. Así mesmo, este álbum ilustrado é unha boa ferramenta para transmitir ás crianzas valores como a importancia de compartir. Por outra banda, a peza musical que mostra esta historia converteuse nunha rutina nas asembleas e a través dela traballamos o ritmo, a melodía e o tempo musical. 
Agardamos que desfrutedes moito de Cocorico e a súa canción.





  Fonte: Youtube
Ref: Núñez, M. (2014). Cocorico. Pontevedra: OQO

Comentarios

Entradas populares de este blog

Five little ducks

Día del libro!

Cotidiáfonos - Maracas