Cotidiáfonos - Maracas

Os cotidiáfonos son instrumentos musicais caseiros, é dicir, son obxectos cotiás que temos pola casa e transformamos en elementos con musicalidade. Para a elaboración destes instrumentos precisamos de creatividade, posto que, deberemos ir experimentando coa musicalidade de cada obxecto e engadirlle elementos que enriquezcan o seu son.
Para os nenos e nenas da primeira etapa de Educación Infantil é preciso que os instrumentos se elaboren coa colaboración do adulto, para logo encontrar a través deles diferentes posibilidades de acción e musicalidade. Así mesmo, podemos elaborar tantos instrumentos como queiramos empregando sempre a creatividade e a imaxinación.




Maracas

¿Que precisamos e como procedemos a elaboralo?

Para elaborar maracas podemos empregar botellas de plástico, recipientes como envases de yogures, actimeles, zumes, natillas, etc. Unha vez elixamos o recipiente, o que temos que facer é buscar algún elemento para introducir no seu interior co obxectivo de que fagan sons, podemos empregar arroz, pedriñas, garabanzos, fideos, chapas, etc. Dependendo do tamaño dos elementos que introduzcamos no interior do recipiente, este fará un son máis grave ou máis agudo, polo que, para traballar cos nenos e nenas os diferentes timbres do son podemos elaborar recipientes de diferentes características, dependendo dos elementos que empregemos. Así mesmo, podemos facer maracas de arroz (son máis grave) e logo maracas de fideos (son máis agudo).
Logo de introducir os elementos elixidos nos recipientes procederemos a tapalos ben. No caso das botellas, podemos empregar o tapón como tapadeira, utilizando celo ou algún adhesivo para envolver ben o tapón e que os infantes poidan xogar con el de maneira máis segura. Sen embargo, no caso dos recipientes que non poidamos tapar con tapón, poderemos empregar cartulina, fieltro ou papel charol para taponar o burato onde introducimos os materiais. Por outra banda, no caso de que o recipiente teña un borde moi estreito poderemos empregar un globo ou un material máis elástico para tapar toda a abertura.
É importante darlle a oportunidade aos cativos/as de levar a cabo a decoración de cada instrumento, empregando témperas, óleo ou outros materiais dos que dispoñamos na casa.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Five little ducks

Día del libro!