Kalandraka é unha das editoriais galegas con máis prestixio no campo da literatura infantil, debido ás súas iniciativas educativas como os contacontos, ás súas propostas literarias, á calidade dos seus álbums ilustrados, etc. Así mesmo, queremos compartir con vós unha serie de contos contados online desta mesma editorial, nos cales se tenta entreter e transmitir valores sociais importantes para os infantes. Comezamos cun conto que os nenos e nenas xa coñecen, pois coñecémolo este curso na escola, este chámase "¿A que sabe a lúa?" e é contado por Beatriz Campos. Fonte: Kalandraka TV Ref: Grejniec, M. (2007). ¿A qué sabe la luna?. Pontevedra: Kalandraka.
O desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático evoluciona coa práctica en actividades (diarias ou programadas) de clasificación, simulación, explicación e relación. Hoxe amosámosche unha actividade coa que poden traballar habilidades motoras (finas e grosas), números, cores e formas xeométricas dun xeito moi sinxelo e divertido! Imaxe: Silvia Leal (2020) Materiais : - Unha caixa de cartón - Anacos de cartón para as figuras - Tesoiras e lapis (para facer as figuras e buratos) - Ceras ou acuarelas (para pintar as figuras e traballar as cores)
Na primeira etapa de Educación Infantil, as crianzas teñen a necesidade de experimentar e descubrir novas sensacións a través da manipulación dos obxectos e da recollida de información a través dos sentidos. Debido a isto, é importante darlles as ferramentas adecuadas para que poidan experimentar de xeito autónomo a través de diferentes materiais ou elementos. A actividade que vos presentamos a continuación consiste na elaboración de masa caseira para que os nenos e nenas poidan moldeala e manipulala como se lles antolle. É importante que o cativo/a presencie o proceso de elaboración da masa, axudando ao adulto a engadir ingredientes e observando todo o proceso de creación da masa. Para elaborar a masa precisaremos soamente tres ingredientes básicos: fariña , auga quente e sal gordo . Unha vez conseguidos estes tres elementos procederemos a mesturalos da seguinte maneira: 1 . Botamos unha pouca fariña nun recipiente cóncavo (bol). 2 . Botamos auga quente no...
Comentarios
Publicar un comentario