Cesta dos tesouros
A cesta dos tesouros é unha proposta moi sinxela para levar a cabo cos máis cativos/as da casa, xa que apenas se precisa material específico e consiste en que os as crianzas manipulen e descubran novas sensacións a través do sistema cognitivo. Esta actividade parte da experimentación e do descubrimento a través da interacción coas características físicas dos elementos.
Para a realización desta proposta precisamos un cesto con obxectos de uso cotiá e de diferentes características: obxectos de madeira, de pel, con son, de diversos tamaños, con diversas formas, naturais, etc. Unha vez reunimos os obxectos requeridos, os cativos/as poderán ir explorandoos un por un e manipulándoos ao seu antollo, clasificándoos segundo as súas características e investigando as súas posibilidades de acción.
- Para a continua realización desta actividade é preciso ir modificando e renovando os obxectos.

Comentarios
Publicar un comentario