Cotidiáfonos - Maracas
Os cotidiáfonos son instrumentos musicais caseiros, é dicir, son obxectos cotiás que temos pola casa e transformamos en elementos con musicalidade. Para a elaboración destes instrumentos precisamos de creatividade, posto que, deberemos ir experimentando coa musicalidade de cada obxecto e engadirlle elementos que enriquezcan o seu son. Para os nenos e nenas da primeira etapa de Educación Infantil é preciso que os instrumentos se elaboren coa colaboración do adulto, para logo encontrar a través deles diferentes posibilidades de acción e musicalidade. Así mesmo, podemos elaborar tantos instrumentos como queiramos empregando sempre a creatividade e a imaxinación. Maracas ¿Que precisamos e como procedemos a elaboralo? Para elaborar maracas podemos empregar botellas de plástico, recipientes como envases de yogures, actimeles, zumes, natillas, etc. Unha vez elixamos o recipiente, o que temos que facer é buscar algún elemento para introducir no seu interior co obxectivo de que fa...